OCUPACIONAL ARTÍSTICO IGUAL ARTE
ocupacional artístico pioneiro en galicia
Gracias ao empuxe e ao tesón que proporciona a fundación, nace en 2008 o primeiro ocupacional artístico de Galicia. O seu obxectivo primordial é formar profesionais da arte. Para isto acádase en primeira instancia unha formación global en artes escénicas do alumno para rematar coa sua especialización. Outro dos seus obxectivos fundamentais é a valoración das capacidades dos alumnos, tanto persoais como colectivas, incluída a sua capacidade laboral, o que deu lugar á criación da compañía artística IgualArte.
programa
O horario do ocupacional artístico é de 9:45 a 16:45 e de luns a venres. No programa de docencia contémplase a formación dos alumnos en diversas áreas de coñecimento
Formación troncal
Área de música.
Área de expresión corporal.
Área de expresión plástica.
Área de educación física.
Formación permanente
Área de axuste persoal e social.
Área de historia da arte.
Área de matemáticas e linguaxe funcional.
Formación monográfica
Taller de teatro.
Taller de costumizado.
Taller de publicidade.
Espazos artísticos permanentes
Agrupación de música tradicional galega.
Grupo de animación ou conta-contos.
Grupo de baile.
a quen vai dirixido
Os destinatarios son persoas con discapacidade intelectual, maiores de 16 anos, cuxa capacidade lles permita realizar as tarefas pre-laborais ou ocupacionais, recoñecida polo organismo público competente.
O número de plazas é de 20, actualmente 12 delas concertadas pola Consellería de Traballo, Igualdade e Benestar.
plantilla
A plantilla do ocupacional artístico está formada polas seguintes persoas:
1 Director
1 Traballador social
6 Profesores
1 Auxiliar
contando con diversas colaboracións nos diferentes talleres monográficos.