FUNDACIÓN IGUAL ARTE

a arte é un dereito de todos

A Fundación IgualArte nace no ano 2002 como unha entidade sen ánimo de lucro formada por diferentes profesionais dos eidos da educación e a arte. A seu obxectivo é o de acadar a normalización por medio da arte, partindo da premisa fundamental de que a arte é un dereito que nos pertence a todos.

En novembro de 2010 o xurado encargado de fallar os premios á cultura da deputación de Pontevedra, concédelle o premio ao proxecto cultural máis innovador e iniciativa cultural máis vangardista á fundación IgualArte. A importancia deste premio para nós, alén da sua dotación económica, é o recoñecemento a unha traxectoria e a un programa único en Galicia que cando comezou moitos viron con excepticismo. + info

Precisas o Flash player 8+ e JavaScript habilitado para ver este vídeo.
Reproducindo segundo --:-- de --:--s    |    Porcentaxe cargada: --   |    Volume (0~100): --

Se non obtés fluidez, pausa o vídeo e volta ao comezo cando a porcentaxe cargada sexa aceptábel

programa artístico

O programa artístico da escola de arte engloba catro talleres organizados dun xeito grupal, tentando sempre de buscar as mellores interrelacións persoais entre os seus integrantes. Para isto os 70 alumnos da escola, con idades comprendidas entre os dous anos e a idade adulta, son agrupados tendo en conta a idade mais tamén seguindo outras pautas non menos importantes como as características individuais e os intereses persoais de cada un deles.

Talleres do programa artístico

Taller de educación musical e animación musical.

Taller de expresión corporal.

Taller de expresión plástica.

Taller artístico de atención temperá.

O programa, ideado có obxectivo de acadar a formación integral, implica a cada un dos alumnos en todas as disciplinas artísticas da escola. Ademais, buscando unha perfecta conciliación coa formación académica dos rapaces nos seus respectivos centros (específico, infantil, ordinario, ...), as actividades da escola artística desenrólanse en horario de tarde.

Nos seguintes vídeos explícase brevemente o traballo desempeñado nalgunhas das diferentes áreas de expresión artística da fundación, así como a nosa filosofía.

Escolla o vídeo:

Precisas o Flash player 8+ e JavaScript habilitado para ver este vídeo.
Reproducindo segundo --:-- de --:--s    |    Porcentaxe cargada: --   |    Volume (0~100): --

Se non obtés fluidez, pausa o vídeo e volta ao comezo cando a porcentaxe cargada sexa aceptábel

Voltar

fundación de interese galego

Segundo a orde de 17/02/2003 da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia, publicada no Diario Oficial de Galicia do 3 de marzo de 2003, a Fundación Igual Arte é recoñecida e declarada de interese galego ordenándose a sua inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Voltar